Sunday 19 de May de 2024

Malpica prepara un Mercado de Nadal adaptado á situación sanitaria no que as artesás e artesáns poderán expoñer o seu traballo


Preténdese con isto a cesión temporal deste espazo municipal para crear sinerxias e dotar dun novo espazo á artesanía da vila.

O Concello de Malpica pon en marcha un novo Mercado de Nadal, que este ano estará adaptado á situación da covid-19.
Preténdese con isto, ceder temporalmente o espazo do Mercado Municipal, desde mañá ata o vindeiro día 5 de xaneiro, para crear sinerxias e dotar dun novo lugar á artesanía da vila, a lo menos durante a época das festas.
Toda aquela persoa que desexe amosar neste espazo os seus traballos, poderá poñerse en contacto co Concello de Malpica, a través do 981 72 00 11.
O goberno local subliña que “a pesar das circunstancias, decidimos darlle un oco a toda aquelas persoas que desexen expoñer á venda os seus traballos, para así xerar un novo lugar de encontro. Serán unhas festas estranas, pero non por elo deixaremos de facer cousas, sempre con moita seguridade”, apunta.